Thursday 02 de May de 2024

Educación organiza polo Día da Árbore a prantación de varias especies nos CEIP


A concellaría de Educación organizou varias prantacións nos CEIP do Graxal, Torrente Ballester de Sigrás e Emilio González López de Lema
Hoxe mércores 21 de marzo celebrouse o Día das Árbores en Cambre coa prantación de diversas espécies nos colexios de Educación Infantil e Primaria do Município.

A concellaría de Educación organizou varios actos nos CEIP do Graxal, Torrente Ballester de Sigrás e Emilio González López de Lema.

A edil de Educación, María Jesús Gómez, desprazouse ata os colexios para prantar ás árbores xunto cos escolares. Todos os escolares participaron na prantación de varios castañeiros, carballeiras e piñeiros.

O Día da Árbore serviu para lembrar a importancia de protexer as superficies arborizadas e os seus beneficios. Os mestres dos centros educativos explicaron aos nenos e nenas o labor que fan as árbores: transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundación, evitan a erosión, etc, etc.